
Ás 18:15 de hoxe, Venres 20 de abril, presentouse no local comarcal do BNG de Lugo-Sul a candidatura do BNG de Sober ás eleccións municipais de maio de 2007.
A lista electoral inclúe a xente con experiencia e a novas persoas, de distintas parroquias do Concello, con ganas de traballar por Sober e capacidade para facelo:
CANDIDATURA DO BNG DE SOBER1. ALFONSO CAMPOS PÉREZ, Proendos.
2. XESÚS VERAO PÉREZ, Barantes.
3. PAULA VÁZQUEZ VERAO, Neiras.
4. JUAN CARLOS PIÑEIRO VÁZQUEZ, Refoxo.
5. ÓSCAR ALONSO DÍAZ, Santiorxo.
6. ESTEBAN JOSÉ SÁNCHEZ LÓPEZ, Canabal.
7. JOSÉ MANUEL LÓPEZ VISPO, San Martiño de Anllo.
8. RAMÓN MARTÍNEZ DÍAZ, Doade.
9. MIGUEL ÁNGEL PÉREZ PÉREZ, Bolmente.
10. DIEGO JESÚS LÓPEZ GONZÁLEZ, San Martiño de Arroxo.
11. MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Proendos.
SUPLENTES
1. CARMEN LUZ RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Santiorxo.
2. JOSÉ ÁLVAREZ DÍAZ, Doade.
Sobre este grupo de persoas, e do resto de xente que apoia e traballa co BNG de Sober, dixo o candidato que se sentía moi orgulloso de encabezar esta lista, e de encabezar unha lista do BNG, porque o BNG "cre no desenvolvemento do país, e no seu futuro".
Presentou o acto Xesús Verao Pérez e diu paso ó Delegado Provincial de Vivenda e Solo, Cosme Eladio Pombo,
quen loubou o profundo interese do candidato pola recuperación da nosa Historia e Cultura Popular e a súa dedicación á música. Insistiu o Delegado na aposta do BNG desde a Xunta por desenvolver Sober, co inicio de obras de abastecemento e saneamento por parte da Consellería do Medio Rural, as axudas de rehabilitación de vivendas e a creación de vicendas sociais da Consellería de Vivenda e Solo, a aposta polo Benestar Social da Vicepresidencia e o reforzamento da potencia eléctrica en varios núcleos por parte de Innovación e Industria; ademáis das axudas de Medio Rural para pistas e montacargas na ribeira, para fortalecer o sector estratéxico do viño. Cosme Eladio Pombo amosou a súa convicción de que Alfonso Campos é a mellor opción para Sober, porque cre nas posibilidades do noso concello. 
O candidato á alcaldía de Sober polo BNG, Alfonso Campos Pérez, afirmou claramente que as xentes do BNG "cremos que é posible desenvolver Sober e grantirmos un futuro". A seguir, explicou as liñas básicas do programa electoral do BNG de Sober: un programa pensado para crear emprego, a partir da dinamización dos nosos sectores productivos, do apoio á nosa artesanía, da creación de pequenas empresas, dun turismo que poña en valor o propio, a revalorización do Patrimonio, a recuperación das vivendas e pobos tradicionais, coas prioridades absolutas de extender a toda a poboación o abastecemento de augas e o saneamento e o coidado e respeto dos noso maiores, fontes de sabedoría, ademáis de mellorar as vías de comunicación e extender a cultura e a información (facilitando o acceso de todas as xentes do Concello a Internet), primando a lectura e a música.
"A liberdade da xente é a nosa prioridade: elixindo democraticamente ós pedáneos, facendo partícipes ás parroquias na vida municipal, instaurando os presupostos participativos... E, sobre todo, facendo cidadáns libres".
Sem comentários:
Enviar um comentário