PLENO DE ORGANIZACIÓN - 2011

CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS

- PP - Portavoz: Luis Fernández Guitián. 7 concelleiros.
- PSOE - Portavoz: Iñaki Rodríguez Pérez. 2 concelleiros.
- BNG - Portavoz: Paula Vázquez Verao. 2 concelleiros.

CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

- Luis Fernández Guitián (presidente).
- Domingo López Fernández, José Elías González Prieto, Sonia Fernández Martínez (vocais).

PERIODICIDADE DAS SESIÓNS

- Plenos ordinarios - Último xoves de cada mes impar ás 19:00 horas (de outubro a abril) e ás 21:00 horas (de maio a setembro). [Animamos á cidadanía de Sober a acudir aos Plenos, que son públicos]
- Se fose festivo o día sinalado, a sesión ordinaria celebrarase o día hábil inmediato seguinte.
- Xuntas de Goberno - 1º e 3º luns de cada mes, ás 10:00 horas.

DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS EN CONCELLEIROS

- Domingo López Fernández - Medio Rural, Viticultura e Infraestruturas Agrarias.
- Elías González Prieto - Comercio, Industria e Artesanía, Mocidade e Deportes, Persoal.
- Sonia Fernández Martínez - Política Medioambiental, Agroforestal e Gandeira.
- Carmen Pérez Pérez - Servizos Sociais e Saúde.
- Abel López Fernández - Servizos (limpeza, alumeado, augas, saneamento).
- Mirian Teresa Pérez Vázquez - Ensino e Igualdade.

TENENTES DE ALCALDE (3)

- Domingo L. F.
- Elías G. P.
- Sonia F. M.

DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DA ALCALDÍA NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS PLENARIAS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
 
Proposta da alcaldía: delegación na Xunta de Goberno das seguintes competencias plenarias:

- Exercicio de accións xudiciais e administrativas e defensa da corporación en materias de competencia plenaria.
- Declaración de lesividade de actos do concello.
- Concertación das operacións de crédito cuxa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10% dos recursos ordinarios do orzamento, salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15% dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior.
- Aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión, e cando aínda non estén previstas nos orzamentos.
 
Argumentación do BNG, en contra - "Aínda que delegar certas competencias plenarias na Xunta de Gobernofan máis áxil a administración local, o Pleno é un organismo ao que pode acudir público, a diferencia da Xunta de Goberno, permitindo a transparencia e o control cidadán. Ademais, nun concello do tamaño de Sober non é necesaria a delegación de competencias deste na Xunta de Goberno Local, pois as urxencias que se poidan dar no relativo ás competencias que a alcaldía propón delegar pódense solventar agardando pola sesión ordinaria do Pleno nos meses impares (a só 10 días de distancia da segunda sesión da Xunta de Goberno Local) ou ben convocando unha sesión extraordinaria do Pleno nos meses pares ou cando a situación o requira." 

A proposta da alcaldía é aprobada cos votos a favor do grupo do PP e abstención de PSOE e BNG.

CONSTITUCIÓN DE COMISIÓNS 
 
- Comisión especial de Contas e Facenda. Presidente (alcalde) e cinco vocais: 3 do PP, 1 do PSOE e 1 do BNG. 
- Comisión de Delegados. Presidente e concelleiros delegados (todos). 
 
* Celebrarán sesión o último xoves dos meses pares.
 
REPRESENTANTES EN ÓRGANOS COLEXIADOS
 
- Consorcio de Turismo RS - Luis F. G.
- Consello Escolar - Mirian P. V.
- GDR Ribeira Sacra - Luis F. G.

MODIFICACIÓN DA BASE Nº 12 DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DE SOBER DO EXERCICIO 2011.

A alcaldía propón 0,30 € por km percorrido nas dietas de locomoción. Para as dietas dos membros da Corporación propón que serán as fixadas no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, para a categoría de grupo primeiro. Para funcionarios, persoal laboral e contratado, as que dispón o Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de indemnizacións por razón de servizo. En canto a asistencias, os membros da Corporación sen adicación exclusiva nin parcial recibirán por asistencia ás sesións do Pleno e das Comisións:
- Xunta de Goberno – 100 €
- Pleno e Comisións – 90 €
- Alcalde – 400 € sesión / máximo dúas ao mes.

Emenda do BNG de Sober.
* Coa nosa proposta, tal e como queda configurada a organización do Concello, afórranse ao mes, en relación coa proposta da alcaldía, as seguintes cantidades:

PROPOSTA ALCALDÍA
PROPOSTA BNG
0,30 € km
0,20 € km (0,19 € km é o que Facenda como gastos de desprazamento no caso dos traballadores).
Xuntas de Goberno 100 € - Dúas ao mes, 3 vocais. 600 € ao mes.
60 € - 360 € ao mes (aforro de 240 €/mes).
Pleno – 90 € - 11 concelleiros – 990 € cada dous meses
60 € - 660 € cada dous meses (aforro de 330 €).
Comisións – 100 € - Comisión de Delegados – 700 € cada dous meses
Comisións – 60 € - 420 € cada dous meses (aforro de 280 €).

* 60 € son unha cantidade suficiente por indemnización por asistencia a órganos colexiados (Pantón, con máis poboación que Sober, estableceu 75 € por pleno, fronte aos 90 € que propón a alcaldía).
* Regúlanse as dietas conforme ao disposto no Real Decreto 463/2002 para o Grupo 2, resultando diso un aforro para o Concello e sendo suficientes para o exercicio das funcións dos cargos públicos de Sober.

* Real Decreto 462/2002, de 24 de mayo, sobre indemnizaciones por razón del servicio.

ANEXO II.
Dietas en territorio nacional.

Grupos
Cuantías en euros
Por alojamiento
Por manutención
Dieta entera
Grupo 1
102,56
53,34
155,90
Grupo 2
65,97
37,40
103,37
Grupo 3
48,92
28,21
77,13

A proposta da alcaldía é aprobada cos votos a favor do PP.

ASIGNACIÓN A PARTIDOS POLÍTICOS.

A alcaldía propón:
- cantidade fixa – 30 €/mes por cada grupo político
- cantidade variable en función dos membros integrantes do grupo político – 50 €/mes por cada membro.

Emenda do BNG de Sober.

Asignar como cantidade de 50 €/mes por grupo, máis 30 € por Concelleiro e mes.
Resultando:
PP – 260  € mes
PSOE – 110 € mes
BNG – 110  € mes

* Coa nosa proposta o Concello aforra 160 € ao mes, potenciando a importancia da asignación ao grupo político por riba da asignación aos membros do mesmo, sendo a principal obxecto das axudas a grupos o desenvolvemento do traballo político. Os concelleiros xa perciben indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados do Concello. 

Sem comentários: