NOVA XENTE, VELLOS USOS

CARTA ABERTA DO CANDIDATO NACIONALISTA Á ALCALDÍA DE SOBER
Estamos en época electoral, mala época, ao mellor, para facer un exercicio de obxectividade, época na que cada quen vemos o que nos interesa ver e fechamos os ollos para aquello que non vai cos nosos intereses. Vaia iso por diante: é a dúbida o exercicio máis liberador e ecuánime, o antídoto máis eficaz contra o fanatismo.

Alí onde os seres humanos fomos conquistando os dereitos de cidadanía fronte ao estado de servidume, as persoas non só somos obxectos políticos, senón, e sobre todo, suxeitos políticos. Por iso, non me dou acostumado, elección tras elección, a que esta dereita de Sober siga - como dicía Almudena Grandes o outro día - considerando o territorio e o poder político coma un dereito que lle vén por herdanza, e, por suposto, e con estas premisas, seguen considerando aos cidadáns coma os servos de antano.

Andan estes días algún persoal do Concello a fume de carozo, coa adrenalina subida, porque, ao parecer, outro ano máis, lles encargan a urxente labor de facilitar o voto por correo da xente máis maior e con diversos problemas que nin sequera manifestou a súa vontade de facelo. Non serei eu quen lle quite a ninguén o dereito a votar por correo; é máis, animo á xente que teña dificultades o día da xornada electoral a que exerza o seu dereito ao voto postal. O que non dou entendido é por qué un determinado partido considera aos votantes coma meros obxectos políticos, como artigo de cambio, coma mera mercadoría; non dou entendido por qué se utiliza aos traballadores como servos e que mesmo, algúns deles, nas súas horas de traballo nas oficinas municipais se adiquen a “traballar” “amañando” o voto por correo para un determinado partido político que, para máis, a xente deste Concello vén refrendando democraticamente elección tras elección.
Queda moi ben presumir das altas porcentaxes do PP en Sober pero…”nulla estetica sine etica”.
Nova xente, vellos usos.

21 comentários:

Anónimo disse...

Son os do PPodres. Teñen podre o corazón e a alma.

Anónimo disse...

Temos o que merecemos, non o que precisamos.

Anónimo disse...

O que merecemos... en parte. A xente maior que leva toda unha vida traballando, sen deber nada a ninguén e que agora está encamada e a levan votar a rastro non ten o que merece, porque merecíao todo, e non a miseria de que a vaian perturbar por ir arrapañar uns votos, carallo, que gañan igual, que nin sequera é preciso ise rastrerismo de traficar coa xente, diola...

Anónimo disse...

Alguén vería quen levou a esas persoas a votar, que teñen nomes e apelidos e traballo coñecido; porqué non se denuncia ante a Xunta Electoral ou no xulgado?.

Anónimo disse...

O goberno central vai sacar un decreto contra o maltrato aos ancianos, tanto no ámbito familiar como das institucións que teñen a obriga de cuidar deles, tamén van poñer un teléfono equivalente ao 016 de violencia de xénero para que os ancianos maltratados chamen e pidan axuda. Estes casos de Sober de voto obrigado por correo coido que entran no maltrato a ancianos por parte de quen que está obrigado a velar por eles.xa que quen os levou votar son algúns traballadres/as do concello.

Anónimo disse...

Así é como usa o PP os recursos humanos dos servizos sociais. Pobriños de nós si caemos nas súas mans!.

Anónimo disse...

O problema de xente como Luis&co, é que o fin xustifica os métodos. Xente que non mamou a dictadura, e que non valora esta democracia utilizaá desprezando a dignidade destas persoas e das súas familias. Parecia diferente, pero os cartos e poder apodrecen o corazón da xente que parecia libre, nobre... digna para ser o noso alcalde.
Pobre futuro alcalde noso. O que nos espera... se non respeta o xente débil, enferma. ¿Que nos fara os que non pensamos coma el?

Anónimo disse...

Será alcalde, o que aínda está por ver,máis nunca será un alcalde digno para o pobo de Sober, xa que empeza mui mal, desprezando aos nosos maiores e utilizando as súas incapacidades para obter un puñado de votos por correo.

Anónimo disse...

Son dignos sucesores de Raquel Arias.Pero segundas partes, sempre foron peores. Luis é unha mala copia (made in china).
Dignidade para os nosos maiores.

Anónimo disse...

digno sucesor de raquel arias.Pero segundas partes nunca foron boas. É unha mala copia (made in China).

Prefiro o de Quiroga, polo menos vai de frente, non coma este que sorri moito, pero por tras xa vedes o que anda argallando. VIVA A DIGNIDADE.

Anónimo disse...

A verdade é que Luis é unha mala copia de Raquel Arias, máis cutre, barato e ruin.

LUIS= MADE IN CHINA

Anónimo disse...

Recollo a propaganda do PP na miña caixa de correo, abroa e o que vexo son os asprantes a alcaldía de Sober: Rajoy e Feijoo pedindome o voto, que pouco debe valer o aspirante local do PP e que pouca fotoxenia debe ter para os seus ocultaren a súa foto.

Anónimo disse...

Éstas mullerres que levaron obrigados votar por correo aos ancianos qué clase de valores terán e qué clase de valores lle transmitiron ou transmitiran aos seus fillos?.

Anónimo disse...

Modesta proposición...
Lois Pereiro, 1996
«Quen desexe realmente facer algo, a medida das súas
forzas, talento e influencia, que se poña xa mans á obra e axuda a exercer a sabotaxe. Inda que un non consiga aspirar máis que a transformar o seu espírito, a mellorarse tan sequera a súa alma e a súa vida en cada un dos seus actos, só con iso elevará o nivel da súa propia e dormida conciencia e a súa capacidade de indignarse e sentir noxo».

Coñecemos o texto de Stéfhane Hessel Indignádevos que tanto está influindo nos movimentos de Democracia Reall Xa, máis nós os galegos xa tiñamos dende o ano 1996 o texto de Lois Pereiro Modesta proposición... un texto para espertar as conciencias de mozos e mozas, homes e mulleres que ven o futuro o sin futuro que nos espera si non reaccionamos.

Dedicado aos indignos que levaron votar aos ancianos por correo sin respectar a súsa ancianidade nin a súa dignidade.

Anónimo disse...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/silencio/corderos/municipales/elpepuespgal/20110519elpgal_10/Tes

Anónimo disse...

Lin o texto e fíxome reflexionar, dende a distacia, os meus avos están sos e desprotexidos.

Anónimo disse...

Canta razón! Vivo en primeira persoa o do voto dos maiores, en concreto falo da miña avoa. O problema non é se lle preguntan si vota ou non, que neste caso si o fixeron, non da maneira mellor, pero fixerono.. Pero nada máis, do resto encárganse eles! A casa da miña avoa non volveron preguntar nin chegou ningún tipo de información de ningún outro partido. O comentario que fixo ela foi: e vótase a quen queiras?contestación deles:"se lle arreglaron o do voto os do concello será para que os vote a eles..non vai votar a outro partido". Resposta dunha persoa de 85 anos; "ahh..claro!Logo HABERÁ que votalos a eles".. ISTO NON É XUSTO!! Penso que cousas deste tipo non se poden calar e dende a oposición deberiades de tomar outro tipo de medidas. Como sigamos así, aceptando o inaceptable nunca imos cambiar (se é que hai posibilidade de cambiar algún día.....)

Anónimo disse...

Si, e cántos anos deben existir as persoas para que podan ser libres?
Blowing in the wind, a resposta está flotando no vento, Bob Dylan cumpriu 70 anos.

Anónimo disse...

A participación foi moi alta, 79,09%.

Anónimo disse...

...Todo é tan mediocre, tan pouco ético, falto de estética, que non está sequera na mesma frecuencia que eu respiro agora.

Conversa ultramarina
Lois Pereiro 23/05/95

Anónimo disse...

Antifascismo, loita,denuncia, que o noxo non se convirta en normal. Non, non podemos transixir máis. Xa nos refuxiamos no cinismo demasiado tempo, e a estética ten que ir parella a ética. Hai que entrar ata a cociña das cousas e levar sempre a Filosofía no mesmo peto onde levamos a carteira, a carón do pano e a navalla.

Conversa ultramarina
Lois Pereiro 12/06/95