GRAZAS

345 millóns de agradecementos, bicos e sorrisos. O nacionalismo de esquerdas de Sober mantivo os seus dous concelleiros e a súa porcentaxe, obtendo o 18,26 % dos votos, un chisco máis que no 2007. Parabéns aos demais candidatos ás eleccións.
Seguiremos no combate.

8 comentários:

Anónimo disse...

Noraboa: polo voso traballo, pola vosa dedicación, pola vosa bonhomía, pola vosa honestidade, todo esto ten a súa recompensa, estades dous representantes do BNG no concello para loitar pola decencia da política que todos os habitantes de Sober necesitamos.

Noraboa de novo, Paula e Alfonso , para vós e para tódolos compañeiros da candidatura, porque é moi dificil traballar nun concello como o de Sober.

Anónimo disse...

Felicidades, por acadar estes dous concelleiros. Esta quizais fose a campaña máis sucia e porca das ultimos anos. Nunhas condicións xerais de grave crise, tén moito mérito manterse. O Bng baixou en todo Lugo (creo que perdeu 8000 votos). O BNG ten que replantexarse o seu futuro.
Apertas, e agora acartarlle as 40 o Regalado (vergoña voto por correo).

Anónimo disse...

Manote delicuente democrático. Espero que teña o merecido xudicial que merece.

Anónimo disse...

Loitástedes contra a indecencia e a falla de ética. Parabéns. O voto por correo dos do PP foi vergoñento.

Anónimo disse...

Os do concello como non fan nada no traballo, xa estarán tramando como trampear as próximas eleccións. Teñen 4 anos para planificar a TRAMA e a maldade.
O PP sobe en todos os concellos menos no noso. ja, ja.

Que treman, CADA VEZ QUEDAN MENOS VELLOS a quen enganar.

Anónimo disse...

O Carlos Losada que ía de3º suplente na candidatura do PP e con partido de seu presto na recámara díu a nota antidemocrática ao repartir papeletas do PP no colexio electoral de Bolmente. Consta en acta!!!.

Anónimo disse...

Indecencia querido anónimo 4 das mulleres que levaron votar a eses infelices enganándoos, sobre todo unha que recibiu educación e suponse que tamén clases de ética e moral nas monxas.

Anónimo disse...

De Guitian a Manote (Carlos) pasando por toda a lista do PP mercenarios de Raquel Arias

Malqueridos carretadores do PP: estamos en crisis non rouben o traballo os taxistas