CANDIDATURA DO BNG DE SOBER ÁS MUNICIPAIS DE 2011

Alfonso Campos con Paula Vázquez Verao e Óscar Alonso Díaz, 
nos primeiros postos da candidatura do BNG de Sober.


O BNG de Sober presentou a candidatura ás municipais de 2011 nun xantar de traballo con militantes e simpatizantes, ao que tamén asistiu unha representación do BNG de distintos puntos da comarca.

Despois de Alfonso Campos Pérez, candidato á alcaldía, irán Paula Vázquez Verao, de Neiras, no número dous, Óscar Alonso Díaz, de Santiorxo, Xesús Verao Pérez, histórico representante do BNG de Sober, e Esteban José Sánchez López, de Canaval.

Detrás dos once nomes integrantes da lista hai outras tantas persoas, de todas as parroquias de Sober, que colaborarán co BNG na campaña e que compartirán as responsabilidades derivadas do resultado das eleccións. Como dixo Alfonso Campos, o grupo nacionalista de Sober é unha asemblea no que todas as persoas teñen voz e comparten as decisións e responsabilidades.

O BNG de Sober está en proceso de redacción do programa electoral, para o cal está aberto a propostas de toda a cidadanía.


Alfonso Campos, Óscar Alonso e Xesús Verao 
nun momento distendido do xantar.



CANDIDATURA NACIONALISTA AO CONCELLO DE SOBER


1. Alfonso Campos Pérez, Proendos.


2. Paula Vázquez Verao, Neiras.


3. Óscar Alonso Díaz, Santiorxo.


4. Xesús Verao Pérez, Barantes.


5. Esteban José Sánchez López, Canaval.


6. Javier Vivirido Salgado, Anllo San Martiño.


7. Juan Carlos Piñeiro Vázquez, Refoxo.


8. Diego Xesús López González, Arroxo.


9. Antonio Carcieri Domarco, Vilaescura.


10. Ramón Martínez Díaz, Doade.


11. Manuel Rodríguez Rodríguez, Proendos.





ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE SOBER

674473695

7 comentários:

Anónimo disse...

Adiante e a por todas, amigos e amigas soberinos e soberinas.
Xavier

antia disse...

adiante co bng!!!!

Anónimo disse...

Temos que botalos dunha vez por todas!!. Os do PP son a desgraza do pais.

Anónimo disse...

Moi boa candidatura,merecedes ganar.

Anónimo disse...

O PP lévache unha lista ben mediocre oh, si pensan gañar con ela van apañados, ou non?.

Anónimo disse...

Non creo eu que a lista que leva ou deixe de levar o PP importe moito nos resultados que saque... Xa sabedes o dito popular: inda que puxeran ó ... País!

Anónimo disse...

Entendido o dos puntos suspensivos,máis poden levar unha sorpresa.