29-S folga xeral!


Hai motivos máis que de abondo para participar masivamente na folga xeral convocada polo sindicalismo nacionalista o próximo 29 de setembro.

Non pode ser que unha crise provocada polo capital financeiro e polos especuladores, -recordemos que un dos detonantes foi a creba de Lehman Brothers-, se salde agora cun retroceso nos dereitos laborais de todas as traballadoras e traballadores, e cunha inxente perda de postos de traballo.

Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) na Galiza hai agora mesmo 201.800 paradas e parados, e a cifra non deixa de medrar. Tanto o Goberno Central en mans do PSOE como o PP no Goberno da Xunta están aplicando as receitas neoliberais impostas polo Fondo Monetario Internacional, pola Comisión Europea e pola CEOE, que afondarán aínda máis na perda de postos de traballo e na perda de dereitos laborais.

O día 29 de setembro temos a oportunidade de reverter a situaciónCanto máis masiva e participativa sexa a folga, máis útil será para a clase traballadora, obrigando ao Goberno da Xunta e ao Central a rectificar e modificar as súas políticas agresivas cas traballadoras e traballadores.

Os dereitos conquístanse!

Sem comentários: