O BNG PIDE NO PARLAMENTO MEDIDAS CONTRA A PRAGA DO MILDIU NA RIBEIRA SACRA


A produción das viñas amparadas pola denominación de orixe Ribeira Sacra non chegará este ano aos cinco millóns de quilos, unha cantidade que o consello regulador consideraba necesaria para responder á importante demanda que están a xerar os viños etiquetaxes desta zona no mercado nacional e internacional. Gran parte da culpa tena o mildiu, un fungo que arrasou  un 20 por cento da colleita que se recollerá a mediados de setembro.
O presidente do consello regulador, José Manuel Rodríguez, recoñeceu que a incidencia do mildiu nas viñas amparadas pola denominación de orixe fo i"excepcional" este ano e que os efectos do mildiu deixáronse sentir en maior ou menor medida en todas as subzonas da denominación de orixe.
A asociación de viticultores de Chantada Irmandade dos Ribeiraos ten denunciado o feito de aínda  que nesta subzona, e máis concretamente en viñedos de San Fiz e Sobrecedo, existen estacións de avisos que foron construídas pola Xunta hai tres anos  e que esas instalacións están equipadas para realizar medicións sobre os niveis de calor e humidade, entre outros indicadores de interese para os colleiteiros,  os datos non se puideron consultar este ano durante bastante tempo «porque ao parecer non estaban conectadas á Red ».
Os datos meteorolóxicos recollidos nestas estacións de avisos, de gran importancia para actuar ante enfermidades como o mildiu,deberían estar accesibles permanentemente a través da web de Meteogalicia.
O BNG coincide coa asociación de viticultores en que o sucedido este ano debería servir para que se realizasen investigacións que axuden aos viticultores a actuar con máis eficacia fronte ao fungo en circunstancias similares e tamén para que as estacións de avisos  alerten en canto comecen a darse as condicións para un ataque deste fungo.
Polo exposto, formúlanse as seguintes preguntas:
1) Das estacións de aviso da Consellaría, cantas a día de hoxe están prestando servizo e suministrando dados á rede
2) Das que situadas na Ribeira Sacra, cantas estiveron suministrando información a aos viticultores da zona?
3) Que medidas estanse a tomar por parte da Consellaría para por freo a plaga de mildeu labrado  que está a afectar a todo o viñedo galego, en xeral e ao viñedo da Ribeira Sacra, en particular?
4) Ten a Consellaría algún dado sobre as causas desta praga: cambio climático, creación de novas resistencias,agotamento de fitosanitarios, etc?
5) Ten pensado a Consellaría realizar algún tipo de investigación que axude aos viticultores a actuar con máis eficacia fronte ao fungo en circunstancias similares? E, de ser así, vai ter en conta nesa investigación ás Asociacións de Viticultores, Sindicatos, Denominacións de Orixe....?

Sem comentários: