Fernando Blanco, cabeza de lista do BNG por Lugo.
O cabeza de lista por Lugo, Fernando Blanco, pediu a todos os galegos e galegas que se acheguen ao BNG o día 1 de marzo porque “aquí cabemos todos”. Na súa intervención na Convención Electoral Nacional, Fernando Blanco defendeu “deixar abertas as luces da casa do BNG para que entre a xente” porque “todos somos BNG, todos somos nacionalismo e todos somos Galiza”, dixo.
Fernando Blanco reclamou máis competencias para Galiza porque, dixo, cando o BNG quere poñer en marcha medidas para crear emprego e loitar contra a crise no noso país atópase con que as competencias non están en Galiza. Exemplificouno coa reclamación do BNG para que Astano poida construír buques civís e coa imposibilidade de regular os excedentes de produción de enerxía eléctrica no noso país para favorecer que aquí se asenten empresas.
Fernando Blanco defendeu tamén a necesidade de que se cree un Instituto de Crédito Galego e avanzou que “o BNG vai loitar para conseguilo”. O cabeza de lista por Lugo pediulles a PP e PSOE, que rexeitan un ICO galego, que expliquen “por que un ICO español é tan bo e un ICO galego tan malo”.
O candidato por Lugo dixo que “é importante que diante desta crise falemos de autogoberno con exemplos prácticos” e defendeu un Estatuto de Nación para Galiza como “a ferramenta para que os galegos e galegas vivamos mellor”.
Mª Isabel Sánchez Montenegro, concelleira do BNG en Monforte, será a segunda da candidatura do BNG ó Parlamento Galego pola provincia de Lugo.

6 comentários:
Eso de "TODOS SOMOS BNG", non está do todo ben; consideramos do BNG tamen a FRAGA?
Moi bo!
É unha mensaxe electoral barateira, pero é a que hai.
Noto en falta que poñades no blog todo o que pasa no concello, como que se vai facer cos cartos que se van recibir, como os empregan, a que xente se vai contratar (amigos coma sempre, como se contrata a xente que traballa no concello, si o propietario anterior do Palacio era o Arias, pai da Raquel, non cheira un pouco a podre o asunto da gran obra farónica, que axudas recibiu por parte da xunta, si e que houbo algunha, etc,etc.
Normal , seguides igual que con Franco, e ésta é a gran esperanza branca do PP, cando sexa diputada que a interpele un do BNG no parlamento para saber porque non deixa a casa da cultura.
¿en que se van investir os cartos do FIL? Solicitouse?.Cantos parados hai?, que criterios se utilizaran para a súa contratación?.Son moitísimos cartos, tedes que fiscalizar o seu uso céntimo a céntimo, que nos se utilice para fins espúreas.
No último pleno ordinario, a Alcaldía anunciou que o Grupo de Goberno Municipal ía empregar a totalidade dos cartos do Fondo Estatal de Investimento Local en vías municipais, sen concretar nada máis (o BNG presetou unha solicitude pedindo que se incluísen polo menos as obras de abastecemento de augas e saneamento de varios núcleos de Proendos e de Moradela, Vilaescura e Lobios, o que foi rexeitado).
A día de hoxe, a porcentaxe de parados en Sober (poboación no paro maior de 16 anos) e de 3,2 %. Esta cifra agocha disparidades por idades: o tramo entre 25 e 49 (o que agrupa a maior poboación activa) chega ata o 7,8%. A poboación total é de 2.836 persoas, das cales, aprox. 2.600 teñen máis de 16 anos. Así, o número de parados será sobre 80 (Datos: ano 2007).
En canto rematemos de mirar os datos na páxina do MAP, continuaremos ca resposta...
Enviar um comentário