INNOVACIÓN E INDUSTRIA APOIARÁ CON MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS A MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS EN CONCELLOS DE MENOS DE 5.000 HABITANTES
* Un total de 62 concellos beneficiaranse destas axudas da Consellaría
* Un total de 62 concellos beneficiaranse destas axudas da Consellaría
A Consellaría de Innovación e Industria vén de resolver as axudas para a mellora das infraestruturas eléctricas en concellos de menos de 5.000 habitantes. Os investimentos están encamiñados á necesidade de mellora dos servizos básicos dos municipios solicitantes. Para a realización destas actuacións a Consellaría destinará máis dun millón de euros.
Os criterios primordiais para a concesión das subvencións remítense ás actuacións ligadas ao desenvolvemento dos servizos de potabilización e saneamento de augas; á potenciación dos servizos vinculados á terceira idade e a infancia e por último a todas aquelas actividades relacionadas coas instalacións culturais, polideportivas e de lecer. A porcentaxe de investimento financiada pola Consellaría sitúase entre o 50 e o 70% do orzamento considerado como subvencionable.
Un total de 62 concellos, entre os cales se atopa Sober serán perceptores destas axudas da Consellaría, que suman unha contía total de 1.099.298 euros. A provincia cun maior número de axudas é Lugo cun total de 22 (315.720 euros).
Sem comentários:
Enviar um comentário