DEZ IDEAS ESTRELA

A estrela da campaña fórmana os candidatos e as candidatas do BNG
O portavoz nacional apresenta en Ourense as dez ideas estrela do BNG para as municipais.
Os candidatos e candidatas do BNG aos 315 concellos de Galiza realizaron o luns, 30 de abril, en Ourense unha presentación simbólica das 10 propostas estrela da formación nacionalista para todos os concellos galegos.
Todos os candidatos representaron no recinto de Expourense a forma dunha estrela de cinco puntas para simbolizar, en palabras do voceiro nacional do BNG, “ademais da emancipación nacional e a razón, as 10 ideas baseadas na intelixencia que lle presentamos a todos os galegos e galegas” para gobernar os concellos a partir do 27 de maio.
Vivenda accesíbel, servizos sociais e transparencia
Anxo Quintana debullou as 10 ideas estrela do BNG para garantir o acceso á vivenda, para aumentar e mellorar a rede de asistencia social e para conseguir uns concellos máis eficientes e transparentes.
Así, entre estas propostas estrela destacan a adaptación do planeamento urbanístico dos concellos para reservar até un 40% do solo edificábel para vivenda protexida, a rehabilitación de vivendas en cascos históricos e núcleos rurais para poñelas no mercado en réxime de aluguer para mozos e mozas, a adopción dunha carta de servizos municipais e implantación da firma electrónica para axilizar os trámite ou o regulamento de transparencia e boas prácticas para contratos e subvencións.
Ademais, Quintana destacou que “os alcaldes do BNG non se dedican ás obras faraónicas e teñen as mans limpas de especulación e corrupción porque propoñen un urbanismo pensado para a xente”.
Por último, o líder nacionalista afirmou que os galegos “poderán escoller o 27 de maio entre o estilo do BNG, caracterizado por unha proposta de transparencia cara á cidadanía, solidariedade e sensatez, fronte á vulgaridade dos demais”.
DEZ IDEAS ESTRELA - http://www.bng-galiza.org/futuretense_cs/Archivo/estrela,0.pdf

20 comentários:

Anónimo disse...

Pódeme decir alguén quen era o propietario do Palacio de Sober antes de ser vendido a empresa Alvaher 98.?
Que curioso que dous meses antes da celebración das Eleccións municipais apareza este proxecto faraónico(para Sober), que relación hai entre a venda do Palacio e a compra en período cuasi electoral?
Graciñas polas respostas.

Paula Verao disse...

Contestarémosche proximamente, querido/a anónimo/a.

Paula Verao disse...

Querido/a anónimo/a:
Intriduces un proceloso e interesante tema.
Imos por partes.
- Polo ton da pregunta entendo que xa sabes de quen era propiedade o Pazo de Sober.
- Sobre o momento (período preelectoral) da venda e anuncio deste importante proxecto, se houbo extraoficialmente por parte do Concello ou do PP (entendo que preguntas iso) algún tipo de presións ou contactos para que se fixese neste momento nin o sabemos nin o insinuamos. O asunto é totalmente legal: unha empresa adquire un inmoble a un particular e o Concello interésase polo proxecto pola trascendencia que ten para Sober.
Outro asunto é quen é quen neste entramado. Evidentemente sabemos das relacións que unen a xente do poder municipal con intereses inmobiliaros.
A postura do BNG é clara: cunha política de Trasnparencia (nas contratas, nos presupostos, nos cuncursos...) coma a que propugna o BNG nos Concellos non pode dar lugar a que os intereses inmobiliarios persoais ou familiares orienten a política do Concello.
Foron PP e PSOE quenes se apresuraron a decir que non é ético que un alcalde sexa promotor inmobiliario (o BNG tamén dixo que non era ético ser alcalde e promotor), mesmo o PP insinuou que: “Núñez Feijóo reclamoulle á formación que encabeza Touriño a que se pronuncie acerca de se está a favor "dos tenentes de alcalde promotores e dos concelleiros promotores", e ata se apoiarían a "os irmáns promotores dos alcaldes".
É chistoso que os dous partidos salpicados pola corrupción urbanística teñan esa actitude tan hipócrita; mesmo o PP acusa ó BNG de non ter unha política de urbanismo, cando desde a Consellería de Vivenda se está a facer unha auténtica “revolución” pendente en Galicia por un Urbanismo pensado para a xente, coa ampliación do solo para vivenda protexida e as axudas para o aluguer, por exemplo.

Por outra parte, algo que si podemos resaltar é que o Concello vende este proxecto como mérito propio, mesmo nos dixeron que desde o Concello "xa están chamando xente nova pedíndolle os datos persoais para traballar no Hotel"; o cal sí é grave, porque, ademáis da desfachatez de empregar o asunto de xeito electoralista, se engana á xente.

Paula Verao disse...

Por outra parte, algo que si podemos resaltar é que o Concello vende este proxecto como mérito propio, mesmo nos dixeron que desde o Concello "xa están chamando xente nova pedíndolle os datos persoais para traballar no Hotel"; o cal sí é grave, porque, ademáis da desfachatez de empregar o asunto de xeito electoralista, se engana á xente.

Anónimo disse...

Importame un bledo a coincidencia con periodo electoral o importante e que se este proxecto exista, e si o PP fai proxectos deste tipo ou os xestionan e xenera traballo e permite que a xente non se vaia eu votarei o PP.

Anónimo disse...

Eu votarei BNG.
Poucos postos de traballo se xeneraran, mui pouquiños, o tempo cho dirá.Nun concello con unha alcaldía no que a empresa máis grande é o propio concello e así nin se xestionan ben os presupostos, nin se fixa poboación e soamente se crean postos de traballo precarios.
O único bon do asunto é a rehabilitación do Pazo , aínda así o meu escepticismo e grande , espero velo para crelo.

Anónimo disse...

Totalmente de acordo, creo que e unha das noticias mais importantes para Sober dende hai moitos anos, non lle encontro a parte negativa por ningures.

Anónimo disse...

Si pensades que a panacea está nun futurible como ese mal os vexo, o futuro non esta ahí,aínda que si se consolida axuda , todo axuda, sinón no viñedo que é o que tedes que potenciar, pero traballar na viña é duro, verdade?

Paula Verao disse...

O BNG de Sober pensa que a rehabilitación do Pazo de Sober e a súa conversión en Hotel de Luxo é unha noticia excelente.
2 matices:
- NON é un proxecto do PP, se non da INICIATIVA PRIVADA.
- Axudará, pero NON é a salvación económica do nosos pobo. Se só se confía no Hotel para o desenvolvemento de Sober, crearanse uns cantos postos de traballo, importantes, si, pero nada máis.

Anónimo disse...

O 22/02/07 anunciase na Webb do concello de Sober a rehabilitación do Pazo para convertilo en hotel de cinco estrelas (heliporto, seis suites,spa, etc -imaxino a Alicia Koplovic baixando do helicóptero-)como si fora un logro da alcaldía e da propia alcaldesa e non da empresa Alvaher98 que decidiu invertir os seus cartos en Sober.Mesturase o público co privado e o úncico que se logra e confundir os habitantes de Sober en beneficio dunhos poucos.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

Por parte de Patrimonio non haberá problemas: prefírese que estes bens patrimoniais sexan rehabilitados para un Hotel que para unha vivenda, por exemplo. Ademáis, o proxecto é respetuoso ca factura do Pazo, mesmo se rehabilitará a torre.
E todos debemos aledarnos por iso.
O de poñer o carro antes ca os bois estano facendo no asunto dos postos de traballo, pedindo os datos persoais a algunha xente, aproveitando que son as eleccións, cando nin saben que cualificación se necesita para traballar, nin que postos hai, nin comezou por parte da empresa a selección de persoal.
En fin, isto é así, o PP de Sober e o Concello de Sober (¿diferéncianse en algo?) aproveita todas as noticias para facer política nos medios de comunicación. ¿Vistes o programa electoral do PP? Parte das obras postas como éxitos son das Consellarías do BNG e outra parte son da iniciativa privada. E iso que sempre están trinando contra "estos del Bloque" e contra o Quintana...

Anónimo disse...

Pero cando os ve bótaselle ao pescozo , dando a entender que son amigos de toda a vida e que casi ten unha relación de amistade con eles; sabe mui ben que os conselleiros e os delegados do BNG trantan a todos os concellos por igual, somos todos iguais, eso sí, respectando as prioridades, non como a Xunta anterior que si non eras do PP ías aviado. Vende como un logro do PP e propio a boa xestión das Consellerías do BNG que son as que máis cartos invertiron en Sober.

Anónimo disse...

Tempo atrás un anónimo escribiu pestes contra a Delegación de Vivenda chamándolles imcopetentes e outra lindezas, daba a entender que cóñecía do que falaba, que pisaba moita moqueta, agora que estamos en elecciós seguro que cambiou de opinión.

Anónimo disse...

Carallo, como che cambio o conto, antes en Sober non se facía nada, pero dende que o BNG,bueno ou a consellería do BNG, que seica e o mesmo manda cartos, fanse a hostia de cousas, vivendas protexidas un mazo, residencias a patadas,pistas por primeira vez nas ribeiras, galescolas debe haber tres, para circuitos culturais mandan millóns, NUNCA ESTIVEMOS MELLOR.

Anónimo disse...

Todo iso, para que tí caciquees máis e mellor porque o concello está, de momento, en mans do PP, que eu saiba.

Anónimo disse...

Non entendo que ten que ver que estemos en eleccións con que a Consellería de Vivenda sexa un desastre, manteño a mesma opinión,so tes que chamar e depende de quen te colla o teléfono o conto e distinto.

Anónimo disse...

Que ocurre, non van os plazos como ti queres?.

Anónimo disse...

Que plazos? estou a falar de que antes si querias arranxar un tellado sabias a documentación que tiñas que presentar, hoxe, chamas e primeiro che dicen que mandes unha cousa, logo che dicen que non, que mandes outra, logo che piden para solicitalo permiso de obra, logo que non, logo que mandes un proxecto dun arquitecto, logo que esperes a ver si non fai falla, e finalmente eles mesmos, os funcionarios, che dicen que e mellor que esperes a ver si se aclaran un pouco.

Anónimo disse...

Sí home sí, o que me faltaba, Kafka na Consellería de Vivenda e Solo e os funcionarios falando mal do Delegado e dos seus superiores, veña!!!.