Francisco Rodríguez e Francisco Jorquera peden explicacións ao Goberno pola “ teima desmedida por castelanizar todo aquilo que sone a denominación galega”
Madrid, 20 de Marzo 07. O senador do BNG, Francisco Jorquera, e mailo portavoz da formación nacionalista no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, veñen de presentar sendas preguntas nas que peden ao Goberno explicacións pola vulneración da legalidade lingüística dos topónimos galegos nas páxinas web do Instituto Xeográfico Nacional (http://www.ign.es/) como do Centro Nacional de Información Xeográfica (http://www.cnig.es/), ambos organismos dependentes do Ministerio de Fomento.Así, nos datos e servizos a cerca da rede xeodésica atopamos “unha versión alarmante da toponimia galega, que non só se corresponde coas formas toponímicas orixinais e legais, senón que se permite o luxo de realizar un novo alarde agresivo ao inventar formas toponímicas que se pasan pola turmix dunha pretendida castelanización”, denuncian os representantes do BNG.
Así, xunto aos xa reiterados Orense e La Coruña, atopamos “perlas” como “Ginzo de Limia” , “Laroco”, “Chandreja de Queija”, “El Irijo” ou “Lobera”, na provincia de Ourense; “Rianjo”, “Arteijo”, “Mellid”, “Mujía” ou “Puerto del Son”, na da Coruña; “Las Nieves”, “Sangenjo” ou “Sotomayor”, na de Pontevedra, ou “Jove”, “Germade”, “Los Nogales”, ou “Pedrafita del Cebrero”, na de Lugo.
Os representantes do BNG advirten de que “mesmo nalgúns casos custa traballo identificar os topónimos aos que se refire”.
O Instituto Xeográfico Nacional participa na Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia
E todo isto, non por falta de coñecemento xa que, tal como lembran, “o nomenclátor oficial a través do cal se estableceron os topónimos galegos é o elaborado pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, na que participou o Instituto Xeográfico Nacional”.
Ademáis, critican tamén que a versión en galego da páxina web dos dous organismos “teña a maior parte dos seus contidos en castelán e que as partes en galego estean inzadas de grallas ortográficas”.
Por todo isto, os representantes do BNG pregúntalle ao Goberno se vai adoptar medidas “de inmediato” para corrixir a toponimia galega que aparece nas devanditas páxinas web e se vai realizar as xestións oportunas “para que este tipo de situacións vergoñentas non se repitan”.
Por último, e entre outras preguntas, Francisco Jorquera e Francisco Rodríguez pergúntalle ao Goberno por qué ocorre con tanta frecuencia esta reiterada falla de respeito pola legalidade lingüística por parte das institucións oficiais da Administración do Estado e se isto non se corresponden “cunha teima desmedida por castelanizar todo aquilo que sone a denominación galega”.
3 comentários:
Imaxinen que en lugar de Mataró dixésemos Mataruelo, ou traducísemos Paracuellos del Jarama por Parapescozos.
Elena, Sangenjo se escribe junto o separado,la primera con g o con j o al revés la primera con j y la segunda con g que lío de topónimo; veña muller, escribe San Ginés que é máis fino.
Ah¡ Elena (aínda non galeguizou o nome) Ginés escribese con "G" non vaias poñelo con "J"
Un biquiño.
Enviar um comentário