¿Quen é quen no BNG de Sober?

RESPONSABLE LOCAL
Paula Vázquez Verao.

GRUPO MUNICIPAL
Alfonso Campos Pérez.
Xesús Verao Pérez.

FORMACIÓN E AFILIACIÓN
Paula Vázquez Verao.
Diego Xesús López González.

POLÍTICA E LEXISLACIÓN
Manuel Rodríguez Rodríguez.

COMUNICACIÓN
Mediática: Paula Vázquez Verao.
Social: Óscar Alonso Díaz.

BENESTAR SOCIAL
Carmen Luz Rodríguez Rodríguez.

ECONOMÍA
Xesús Verao Pérez.
Xabier Vivirido Salgado.
Ramón Martínez Díaz.

TERRITORIO, INFRAESTRUCTURAS E TRANSPORTE
Xoán Piñeiro Vázquez.
Xosé Álvarez Díaz.

EDUCACIÓN E CULTURA
Alfonso Campos Pérez.
Deportes: Esteban José Sánchez López.

MOCIDADE
Diego Xesús López González.

DEMOCRACIA E LIBERDADES
Óscar Alonso Díaz.
Paula Vázquez Verao.

1 comentário:

Anónimo disse...

Prezad@ amig@:

Como creador e co-moderador do blog do BNG do BNG de Fene e participante
na Comisión de Novas Tecnoloxías do BNG, e perante a chegada dunha nova
cita electoral municipal a menos de 6 meses vista, desexo facerte
partícipe dunhas reflexións acerca da presenza do BNG na internet,
nomeadamente a das asembleas locais, grupos municipais e demais
entidades e persoas vinculadas á vida política dos concellos galegos.

En diferentes foros do BNG, internos e abertos a simpatizantes e
expertos, tense falado e debatido longamente os problemas relativos á
nosa política de comunicación dixital na rede: páxina web nacional de
baixa calidade, falta de interactividade e participación, inexistencia
dunha política de comunicación dixital unificada, etc. Sen pretender
realizar unha crítica sobre isto o certo é que a situación ten conducido
a que unha ampla relación de localidades e persoas teña procurado pola
súa conta un xeito de comunicar na rede, abrindo as súas páxinas e
blogues como un medio máis a sumar aos boletíns, notas de prensa ou ao
seguimento realizado pola organización desde a Oficina Nacional.

Recentemente veño de actualizar última listaxe de sitios web do BNG na
rede, que presenta os seguintes resultados:

- 2 webs nacionais, do BNG e de Galiza Nova. A respecto da primeira
existen documentos técnicos internos que analizan todas as súas
carencias e deficiencias.
- 50 páxinas de Asembleas Locais (incluída a emigración), das cales
aproximadamente a metade empegan o sistema de publicación de blog (e
teñen ou poden ter activada a sindicación de contidos). 1 sitio está
desaparecido, 8 están abandonados, outros 2 movéronse recentemente para
a páxina web nacional
- 2 páxinas de Grupos Municipais, 1 abandonada.
- 4 páxinas de Galiza Nova nas localidades, 1 abandonada.
- 6 páxinas de colectivos, constituídos formalmente ou non. 3 delas
empregando sindicación de contidos.
- 5 blogs de cargos públicos, internos ou persoas "relevantes" na
organización.

Todas as ligazóns a estas páxinas podes atopalas na lista que está
publicada no blog do BNG de Fene, na parte inferior dereita, en
http://bngfene.blogspot.com.

Alén destas páxinas de natureza claramente organizativa existen moitas
outras páxinas, fundamentalmente blogs, de militantes, de persoas que
comentan a actualidade do nacionalismo e da política galega ou
simplemente de simpatizantes que de cando en vez verten noticias e
opinións que se insiren dentro do ideario nacionalista.

Fronte a esta realizade, claramente desorganizada pero posuidora dun
enorme potencial comunicativo, outras organizacións políticas como o
PSOE (coa súa Red de Blogs Socialistas) ou o PP (a través da súa maraña
de páxinas autocualificadas como "liberais" e "dixitiais") están tomando
a dianteira e gañando terreo na rede día a día, mesmo no ámbito das
páxinas que empregan o noso idioma. Constatar este feito tenme levado a
advertir desta situación en diversos foros e, finalmente e ante a
aparente falta de reacción, a dirixirme directamente a ti a través
destas liñas.

Coido que é preciso tentar mellorar esta situación, en varios sentidos:
tomar coñecemento de quen somo e onde estamos, aumentar a nosa formación
e nosa información sobre estes temas, ampliar as nosas posibilidades de
comunicación (non para substituír á páxina web nacional senón para
complementala ou mellorala), paliar a presencia minoritaria do
nacionalismo no mundo da comunicación mellorando a nosa organización e
comunicación, e por último pero non menos importante, e na perspectiva
das próximas eleccións municipais, difundir e multiplicar a presenza do
BNG na rede para lanzar en positivo as nosas propostas e contrarrestar
os bulos e desinformacións que verten os nosos adversarios políticos e
moitos medios de comunicación.

Ao meu parecer a necesidade e a urxencia de facer algo é patente. Por
iso acho que sería interesante termos algún encontro no que achegar
pareceres e propostas. Por exemplo e sen ir máis lonxe, é posíbel e moi
fácil realizar unha páxina web que reunise e publicase todas as noticias
que tod@s publicamos en cada unha das nosas páxinas
(http://bngfene.blogspot.com/2006/12/galegs-nacionalistas-en-rede.html).
A idea sería achegar moitas outras ideas e sermos capaces de desenvolver
algunha antes da próxima cita electoral, de xeito que acadara algunha
visibilidade. Para iso adianto a posibilidade de organizarmos unha
xornada de traballo en Compostela durante o mes de xaneiro próximo.

Agradeceríache que entraras en contacto comigodeixando un comentario nas ligazóns anteriores do Blog do BNG
de Fene.

Graciñas antecipadas polo teu tempo e a túa atención.


Bo Nadal e mellor 2007.